O que te rondarei morena

O que te rondarei morena

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Este ano o Día das Pepitas recuperará, máis que nunca, o espírito tradicional desta celebración. As rondallas impregnarán da súa música as rúas ferrolás e tamén o balcón de 7 veciñas que amosaron o seu interese en ser rondadas. O 18 de marzo tamén se celebrará o acto institucional da Festa das Pepitas no Teatro Jofre.

Guitarras e mandolinas arrufarán cos seus acordes os barrios de ferrol como cada 18 de marzo. A Rondalla do Club de Campo percorrerá as rúas de Ultramar, a Añoranzas farano na Praza de Esteiro, Os Trovadores de Ares encargaranse de ensalzar a beleza das mulleres de Caranza, a Rondalla Lucero del Alba en Canido e a Mugardesa na zona de Ferrol Vello. Ambientarán a cidade ata as doce cando se concentrarán na Praza de Amboaxe no acto principal dos festexos. Alí, 2000 sillas agardarán aos espectadores que gosten das rondallas e as súas cancións. Ademais repartiranse 100 bicos, o postre típico destas datas, entre as mulleres asistentes.

25 anos cumpre este ano a rondalla do Club de Campo. Segundo manifestou o xerente do club, Javier Lorenzo “é un día para rondar á muller ferrolá e cantar ao amor”. As súas cancións xiran arredor destas dúas temáticas.

Co gallo do 25 aniversario da rondalla do Club de Campo, dous dos seus membros fundadores serán homenaxeados no Teatro Jofre en vindeiras datas. Son Manuel Couce Díaz e Juan José Parda que atesouran un excelso curriculum desde ben xóvenes na canción de ronda e manteñen viva esta tradición ferrolá.

Sociedade