O Racing, a gañar e a esperar

O Racing, a gañar e a esperar

08 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O plantel do Racing de Ferrol afronta o final da Liga con ilusión. O seu traballo é gañar pasado mañá domingo e esperar resultados. Se soa a frauta, os racinguistas poderían colarse nos postos de promoción.

Mentras haxa posibilidades hai que intentalo. Hai que loitar ata o final, segundo asegurou este mediodia na Malata, o xogador Carlos. Con confianza tamén afronta o final de Liga o adestrador Michel Alonso. O técnico transmite unha mensaxe positiva e insiste en que unha clasificación para os play off, faría esquencer unha tempada que pode calificarse como irregular.

 

O Racing de Ferrol xogará o seu último partido de Liga diante do Racing de Santander B este domingo ás cinco da tarde no Estadio da Malata. Para meterse na promoción de ascenso, os ferroláns precisan unha victoria. Ademáis o Zamora e o Celta B non deben gañar nos seus compromisos diante do Deportivo B e do Sestao River. A gañar e a esperar, é o que lle toca ao equipo verde nesta remate da competición na Segunda División B do fútbol.

Deportes