O Racing na hora da verdade

O Racing na hora da verdade

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Esta tarde volve a liga na Malata. Será ás oito e media da tarde cando o conxunto de Juan e José Veiga sairá ao céspede ferrolán. Non cabe outra cousa que a vítoria para abandonar os postos de perigo.

Para este partido o Racing non contará co francés Laurent De Palmas lesionado e o sancionado Iván Romero que veu o cartón vermello no partido ante o Pontevedra. Onte os Veiga probaron no partidiño a Reguero na porta con Jonathan Martín , Manuel, Garrido, Jesús Varela, Rubén García, Malafaia, Marcos, Carlos Rodríguez, Dani Quintana e Matas. O colexiado asturiano Eduardo Moro dirixirá o partido.

Deportes