O Racing sufriu o día de Alex López

O Racing sufriu o día de Alex López

14 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Unha auténtica traxedia. Hai un mes Alex negociaba co xerente do Racing a súa volta á entidade ferrolán. Pedia duas temporadas pero o Racing non quería asegurar máis dunha e outra con obxectivos. Finalmente Alex inclinouse pola oferta do Celta B que tamén apostou duro por facerse cos seus servizos. Por primeira vez con 21 anos emigrou da casa camiño da cidade de Vigo. Atópase contento no club celeste e afirma en Radiofusión que lle d&aacu

Alex López é o n-ésimo producto da canteira ferrolán que ten que emigrar para practicar fútbol. O xoven xogador formouse nas categorías inferiores do Racing e xogou coa Selección Española de Fútbol sub-15, sub-16 e sub-17 e debutou en Segunda División co Racing de Ferrol con tan só 16 anos de edade. Logo deixou a entidade ferrolán para militar no Narón Balompé Piñeiros da man de Luis Miguel Garcia. Foi difícil asimilar a terceira derrota consecutiva para a afección racinguista. Sobre todo cando os dous goles da vítoria do adversario son obra dun ferrolán formado na casa.

Deportes