O Real Coro Toxos e Froles festexa os 97 anos

O Real Coro Toxos e Froles festexa os 97 anos

23 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Real Coro "Toxos e Froles" de Ferrol celebra os seus 97 anos cun Festival Aniversario, no Teatro Jofre. Será este domingo dia 27 ás 19.00 horas. Nesta ocasión, ademáis do Real Coro "Toxos e Froles", actuarán a Coral "De Ruada" de Ourense, un dos coros históricos que debutou un 24 de Xuño de 1919 no Salón Apolo de Ourense. Actuará tamén a Asociación Cultural "Donaire" de A Coruña

O Real Coro "Toxos e Froles" estará representado nas súas seccións de Grupo de Instrumentos Tradicionais "Manuel Lorenzo" e o propio Coro. No transcurso do Festival entregarase a Medalla de Ouro do Toxos ao corista e abandeirado do coro, Miguel Vázquez. Trátase do máis alto recoñecemento que outorga a entidade, para salientar ás persoas que teñen sido un símbolo para a Entidade.

A Xunta Directiva entende que Miguel é un exemplo do traballo desinteresado que as xentes do Toxos fan ao longo dos anos. Ademáis de formar parte do Coro de xeito continuado dende o ano 1969, desempeñou cargos na directiva.
Foi un 29 de Maio, pero do ano 1915 cando o Teatro Jofre acolléu a primeira actuación do Toxos. A entrada ao Festival do 97 aniversario será gratuita e poden retirarse as invitacións no Teatro Jofre ou no Local Social do Toxos, na rúa Magdalena.

Sociedade