O rebumbio de sentimentos de “Los Seis Días”

O rebumbio de sentimentos de “Los Seis Días”

31 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo barcelonés Los Seis Días presenta este sábado na Sala Run Rum “Lunes”, o seu primeiro traballo discográfico, gravado baixo a batuta do productor Ricky Falkner nos estudos Blind Records de Barcelona durante o verán de 2008. O disco son once cancións de pop melodramático, de emocións poéticas e cotiás guiadas pola voz de Nereida Cerdà, envoltas de arranxos que rozan o épico. O grupo contou coa presenza

Tras unha serie de desafortunados incidentes un domingo calquera, Nereida Cerdà  decidiu que a partir de entón as súas semanas terían soamente seis días. Borrou os domingos do seu calendario e aproveitou esos días sin nome para dar forma a un novo proxecto musical, Los Seis Días.

Cunha producción exquisita e un son inmaculado, Los Seis Días recuperan o legado de aqueles grupos pop de chicas onde se mestura a sensualidade das letras cun toque épico que nos lembra  a Vetusta Morla, Los Piratas, The Organ ou incluso Amaral.

Aina Godoy na guitarra, Alba laguna nos teclados“, e Natalia González no baixo xunto coa voz de Cerdá compoñen a banda. Marc cros como segundo guitarra e Aimar Espinet á batería completan esta formación mixta perfectamente conxuntada.

En “ lunes” a través de guitarras afiadas, un teclado sinuoso e xoguetón e o sempre musculoso baixo, liberan vellas sensacións que se renovan nun compendio pop persoal e con gancho.

A canción “Te Odio” a súa carta de presentación, unha desgarradora réplica entre Nereida e Santi Blamés non deixa a ninguén indiferente. 

Los seis días poden convertirse nunha das sorpresas musicais deste 2010 como punta de lanza desta nova xeración.

O concerto na Sala Run Rum o sábado ás once da noite. A entrada custa cinco euros.

Sociedade