ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As doce das noite deste sábado os irmandiños volverán asaltar o castelo de Moeche. O Festival Irmandiño cumpre corenta anos a vindeira fin de semana. Requinta da Laxeira actuará o venres. Xa o sábado tocarán en Moeche, Os Carecos, Saraibas, Sés, Huntza e Tecor Societario. O domingo arrufarán musicalmente o Festival Irmandiño, Os Carecos, De Ninghures e Os Feroces da Galgueira.
O Castelo de Moeche acolle desde 1980 o Festival Irmandiño. Cumpre corenta anos e se celebra do venres 16 ao domingo 18 de agosto. O evento conmemora a 'I Revolta Irmandiña' de 1431. A batalla supuxo o enfrontamento de milleiros de labregos, encabezados por Roi Xordo, contra os abusos feudais do rexedor da fortaleza sita en Moeche. O Festival mantén vivo un feito transcendental na historia de Galicia.
Publica o teu comentario agora