O salón da xuventude de FIMO Ferrol Ocio Nadal abre o vindeiro martes

O salón da xuventude de FIMO Ferrol Ocio Nadal abre o vindeiro martes

23 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As persoas visitantes de Ocio Nadal poderán introducirse na práctica da capoeira, grazas ás clases abertas e espectáculos que ofrecerá o profesor Xandinho. Acudirá á Feira de Mostras de Ferrol acompañado dos seus alumnos da Asociación Cultural Aye Capoeira, o domingo día 2 de xaneiro e o sábado dia 8. Ademais os pavillóns de Ocio Nadal disporán de pistas de badminton e minigolf que despertan en cada edición o i

Ocio Nadal diríxese fundamentalmente a menores de entre 3 e 14 anos con atraccións de feira, zonas de práctica deportiva, hinchabeis, simuladores, circuítos de karts e un sinfín de actividades que garantirán durante as catro horas de apertura do salón, unha perfecta ocupación do tempo de lecer para os máis pequenos.

Unha única entrada de 5 euros dará acceso libre a todas as actividades que se celebren cada día e ás atraccións instaladas nos catro pavillóns que ocupe o certame. Os adultos que acompañen aos xoves visitantes de Ocio Nadal tan só terán que aboar unha entrada de 2 euros. Monitores especializados encargaránse de atender cada un dos espazos de xogo, coordenando as actividades. Segundo explicou esta mañá o presidente da Cámara de Comercio Xoan Gato, este ano a feira non poderá contar coa pista de xeo.

Ocio Nadal terá obradoiros creativos nos que os nenos e nenas de todas as idades poderán desenvolver as súas habilidades plásticas. Crearán adornos de Nadal, pulseiras, bonecos, e un longo etcétera.

Sociedade