O Salón Erótico Venus ábrese ao fín en Narón

O Salón Erótico Venus ábrese ao fín en Narón

11 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Finalmente, despois de denegación de permisos, prohibicións e alternativas varias, arrinca esta tarde o Salón erótico VENUS Galicia, en Narón, nunha nave ubicada na sala INK. Anuncianse 120 espectáculos diarios, con stripteasse, sexo en vivo, e a presencia de estrelas do cine porno. 

As entradas custan 20 euros. Un servicio de cafetería satisfará as necesidades dos asistentes, que a organización agarda superen os 10.000. O Salón Erótico "Venus" permanecerá en Narón ata o domingo. Segundo recolle a páxina web dos organizadores, o Salón Erótico celebra os días 11, 12 e 13 de maio no novo recinto 'Narón Vip', á beira da discoteca INK, na estrada de Castela, número 278, de Narón.

O Salón Erótico contará con "máis de 120 espectáculos diarios, cargados de erotismo",  "pole dance, striptease, sexo en vivo e en directo ou a rodaxe dunha película X en directo". Así mesmo, haberá áreas como Swingers, BDSM, Boulevard Erotico, ou zonas feminina e Gai.

A negativa do Concello de Ferrol provocou o enfrontamento da Cámara de Comercio, que xestiona o 55 por cento do Consorcio Pro-Feiras, co Concello, que se fai cargo do 45 por cento. Os representantes da Cámara acusaron á administración local de vetar o evento por cuestións "morais" e "ideolóxicas" e de facer perder a FIMO ao redor dos 50.000 euros previstos.

Sociedade