O Salomé apéase en Ferrol

O Salomé apéase en Ferrol

15 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O asesor cultural do Concello, Roberto Taboada, presentou esta mañá o espectáculo teatral “Salomé” que este xoves e venres escenificará no Teatro Jofre o Centro Dramático Galego (CDG). O seu director escénico, Carlos Santiago, e o actor Marcos Correo participaron na rolda de prensa ofrecida para dar a coñecer esta produción baseada no texto do escritor inglés de orixe irlandesa Oscar Wilde. As funci&oac

María Mera, Pepe Penabade, María Salgueiro, Hugo Torres, Alberte Cabarcos e Marcos Correa compoñen o elenco interpretativo desta nova produción do CTG, dando vida aos 15 personaxes da historia. O seu director, Carlos Santiago, centrou a dramaturxia deste mito do teatro en dous grandes eixos temáticos: por unha banda, na dualidade entre a imaxe pública e a esfera privada, e por outra, na cuestión do xénero, da sexualidade e da construcción social do femenino.  

“Salomé” consta dun só acto que se desenvolve nunha única escenografía: os xardíns do pazo presidencial onde se celebra o banquete organizado na honra de Herodes Antipas pola alta sociedade xudea. Un acto político que acapara a atención dos medios de comunicación pola inminencia dunha nova cita electoral. Porén, o sorprendente do decorado radica na concurrencia nun mesmo espazo da realidade pública e da realidade íntima dos personaxes. A acción sigue sucedendo no país mítico de Galilea pero nunha realidade contemporánea máis próxima ao espectador, aínda que fantástica. Alí envía o propio César ao seu embaixador desde Roma para darlle a beizón do imperio á nova candidatura de Herodes. Os augurios parecen propicios e Herodes goza do momento xunto á súa esposa Herodías na mesa presidencial. A historia complétase coa presenza de Iokanaán, profeta popular e mesiánico sometido por Herodes a dura prisión no cortello dos porcos, onde o tetrarca adoita facer desaparecer os seus peores inimigos. Mesmo así, Iokanaan non se farta de denunciar a corrupción e inmoralidade que envolve a gobernanza de Herodes desde a súa angosta prisión. El chamará a atención de Salomé, fillastra de Herodes, moza de grande beleza pola que suspira toda a corte incluído o seu padastro, quen se encapricha de Iokanaan e desencadea unha sanguenta tragedia que encherá o banquete presidencial de morte de depravación. 

A proposta do Centro Dramático Galego respecta integramente o texto original, mantendo o simbolismo e o tono poético pero eliminando os exotismos orientais e as interpretacións relixiosas. Así, afastándose do discurso dramático de Oscar Wilde, a montaxe de Carlos Santiago afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis satírica e máis política, dado que algúns dos debates relixiosos da obra orixinal son perfectamente entendidos, sen cambiar o texto, como debate político. 

Dentro da obra dramática de Oscar Wilde, “Salomé” ocupa un lugar singular. Así, fronte ás comedias de ton irónico e sutil que lle deron éxito e fama na época como “Unha muller sen importancia”, “Un marido ideal” ou “A importancia de ser Severo” –elegantes sátiras da sociedade vitoriana-, o dramaturgo irlandés escolleu nesta peza un episodio evangélica para crear unha traxedia de fondo escabroso ao redor do conflito mítico entre Eros e Tánatos. A peza agacha tamén unha crítica extrema do poder e do puritanismo moral nun retrato descarnado das paixóns humanas. 

Estreada o pasado  mes de xaneiro no Salón Teatro de Santiago, sede do CDG, o espectáculo “Salomé” iniciou en xaneiro unha xira por outros doce escenarios de Galicia e Portugual. Tras a súa estadía en Ferrol, regresará durante catro días ao Salón Teatro, onde rematará o seu período de exhibición con catro novas e derradeiras funcións no Salón Teatro, do 23 ao 26 de marzo.

Sociedade