O sector naval reclama ocupación na Coruña

O sector naval reclama ocupación na Coruña

09 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O futuro inmediato dos estaleiros depende unicamente de decisións políticas. Esa foi a mensaxe que esta mañá trasladou o sector naval ao delegado do goberno en Galicia. 67 autobuses transportaron aos traballadores de Navantia e das auxiliares ata a Coruña para facer chegar o seu berro pola dramática situación que atravesa a comarca. Os comités de empresa darán un prazo prudencial a Samuel Juárez para ver os resultados das súas x

“Síntese galego e fará todo o posible polo sector naval”. Foron as palabras que esta mañá lles trasladou o delegado do goberno en Galicia Samuel Juárez aos comités de empresa de Navantia Fene e Ferrol. Retrucáronlle os sindicalistas que non se pode marear a perdiz, máis. Juárez comprometeuse  a facer chegar ao Goberno central as demandas do sector naval. Trasladará as reivindicacións, “presionando”, tal e como lle pediron os comités de empresa.

A situación é de extrema gravidade segundo expuxeron os sindicalistas ao representante gubernativo. De Navantia xa sairon despedidos 700 empregados das compañias auxiliares e nos vindeiros meses sairán entre 1.200 e 1300. “Xa está ben de estudios e de informes. Se non hai contratos, non se colocan quillas, e sen barcos na grada non existen os estaleiros” indicou Sinde. O dique flotante e a sexta fragata F 106 dependen unicamente de decisións políticas, segundo insistiron unha e outra vez, esta mañán os representantes sindicais.

Colapso do tráfico

4.000 traballadores participaron na manifestación dende a rotonda de Casablanca nos Castros ata a Praza de Ourense, na Coruña. “De que empresa son, eses de azulón” berrábanlle os empregados do naval aos policias antidisturbios que protexian a delegación do goberno, nun impoñente desplegue. A marcha do naval colapsou o tráfico na Coruña durante boa parte da mañá. Iniciou a súa marcha a pé pouco despois das dez da mañá recollendo ao cento de membros dos comités de empresa que sairon o martes a pé desde Ferrol. Dirixironse cara a Praza de Ourense, e concentrarónse diante da Delegación do Goberno. Alí recibiron a visita e o apoio do voceiro nacional do BNG Guillerme Vázquez e de distintos alcaldes nacionalistas. O portavoz nacional do Bloque afirmou que o naval é un sector clave para o país. Arredor das doce do mediodia os 67 autobuses que esta mañá trasladaron aos traballadores, emprenderon o camiño de retorno. Na idea dos protagonistas está que,  seguro, terán que volver.

Sociedade