ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O sindicato Labrego Galego organiza un ciclo de xornadas formativas destinadas aos produtores da zona de Mondoñedo e A Mariña para os meses de Febreiro e Marzo. A temática que se abordará no Centro Comarcal da Mariña Central de Mondoñedo será a horta. A análise do estado actual do sector e das posibilidades que se presentan no futuro a curto e medio prazo serán dous aspectos ben
O programa comezará o mércores 18 de febreiro co relatorio, “Produción da horta na Mariña”, continuará o venres 20 coa mesa redonda “Momento actual no sector da horta”, e a charla “Medidas de acción positiva” pechará o mes de febreiro o 27. Marzo comezará cunha intervención sobre a “Fauna útil”, o día 4, o venres 6 versará sobre as “Plantas aromáticas e deshidratadas”, mentres o 14 haberá unha mesa redonda que toque o tema da “Produción da horta Asturiana”. Para a ponte de San Xosé, o 19 e 20 de marzo, haberá unha viaxe para coñecer a experiencia doutros produtores. O lugar aínda está por determinar. A asistencia non ten limitación vinculada aos profesionais do sector agrícola, polo que está aberto a todos os interesados.