O sociólogo e poeta, Xosé Leira, convidado por Lefre de Caldereta.

O sociólogo e poeta, Xosé Leira, convidado por Lefre de Caldereta.

14 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sociólogo e  profesor na Facultade de Humanidades do campùs ferrolán,o Xosé Leira López (1951), é o convidado mañán dia 15 pola asociación Lefre de Caldereta no seu faladoiro mensual. Ás 9 da noite no pub Borsalino.

Os traballos de investigación sociolóxica do profesor ferrolán están recollidos en máis de cincuenta publicacións: monografías,capítulos de libros e revistas científicas.Como escritor de literatura foi membro fundador na década dos 70 do Grupo de Comunicación Poética Rompente.

Os seus poemas aparecen nunha gran variedade de libros e revistas especializadas, destacando entre eles “Canto custa instalarse no amor”, editado en 1996 por Espiral Maior Poesía. Colaborou tamén en proxectos literarios conxuntos e solidarios como os derivados da marea negra do Prestige.

Ten tamén artigos publicados en prensa e pronunciou conferencias en diversas universidades do Estado español, Portugal, Francia, Italia, Alemaña, Bélxica, República Checa e Polonia.

Baixo o titulo EU e VÓS vai falar da súa traxectoria humana e de poeta, adiantándonos diversos poemas do seu novo libro que está a piques de aparecer nas librarías.

 

Sociedade