O socialista Antón Noceda propón a participación veciñal

O socialista Antón Noceda propón a participación veciñal

27 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O candidato socialista á alcaldía de Fene, Antón Noceda, quere asinar un contrato cos cidadáns que garanta o acceso de todas e todos á alimentación, a vestimenta, a vivenda, a educación e a sanidade “en condicións de dignidade”. Así o manifestou publicamente no acto de presentación da candidatura do PSdeG-PSOE, ao que asistiron máis de 200 persoas que ateigaron o salón de actos da Casa da Cultura fenesa. Seg

O compromiso dos socialistas inclúe a posta en marcha dun Centro de Recursos Sociais de ámbito comarcal en colaboración coas entidades que traballan nese eido e a creación dun banco de vivendas de aluguer para dar cobertura ás familias vítimas de desafiuzamentos ou en situación de precariedade social.

O proxecto do equipo de Antón Noceda é un proxecto de rexeneración democrática que empeza por non prometer nada que non se poida facer, porque “eu tamén estou canso de que me prometan cousas que logo serán ou non”, manifestou o candidato. Os socialistas de Fene artellarán fórmulas de participación veciñal na xestión dos recursos destinados aos servizos sociais, pero tamén á cultura e ás obras.

Antón Noceda estivo arroupado polo ex alcalde de Fene, Iván Puentes e polo alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, quen fixo exame de conciencia sobre os erros cometidos polo partido e apelou ao socialismo como única fórmula para cambiar as cousas en Fene. “Non me afago a pasar por Fene e ver que goberna o PP”, declarou.

Sociedade