O Teatro Circo de Braga celebra o día mundial da música reunindo as mellores voces da cidade

O Teatro Circo de Braga celebra o día mundial da música reunindo as mellores voces da cidade

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Dora Rodrigues, Eduarda Melo, Liliana Coelho e Carlos Nogueira son os artistas bracarenses que, o vindeiro un de outubro a partir das nove e media da noite acompañaranse da Orquestra do Conservatório de Música Calouste Gulbenkian para comemorar o Día Mundial da Música no Teatro Circo.

Dirixido polo mestre Paulo Matos, o concerto promovido pola Concellería de Cultura do Concello de Braga presentará obras de autores como Giacchino Rossini, Antonín Dvořák, Giacomo Puccini, Charles Gounod, Giuseppe Verdi, Domenico Donizetti ou Leonard Bernstein, entre outros.

Protagonizado por tres sopranos e un tenor con orixe e formación artística inicial em Braga, o Concerto Conmemorativo do Día Mundial da Música destaca sobretodo pola participación dos case corenta músicos que compoñen a Orquestra do Conservatorio de Música Calouste Gulbenkian. Este conservatorio é ademais un elemento común na formación musical de Dora Rodrigues, Eduarda Melo, Liliana Coelho e Carlos Nogueira. Iniciou as súas actividades en 196 e conta, polo tanto, con preto de tres décadas de servizo educativo e cultural, que supuxo o lanzamento das carreiras de varios mozos e mozas bracarenses que destacan en diversas áreas artísticas tanto dentro como fóra de Portugal.

O Día Mundial da Música foi instituído o 1 de outubro de 1975 polo “International Music Council”, organización non gubernamental fundada baixo o patrocinio da UNESCO, e ten por obxectivo a promoción dos valores da paz e amizade a través da música como linguaxe universal.

As entradas para este evento están á venda no Teatro Circo de Braga por un prezo de 10 euros.

Cultura