O Teatro Jofre acolle o Festival Sinsal

O Teatro Jofre acolle o Festival Sinsal

15 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Theo Bleckmann + Othon&Tomasini actuan no Jofre de Ferrol este mércores dia 17, dentro do Festival Sinsal. Hoxe dia 15 o mesmo espectáculo está no Teatro Lara de Madrid dende as 21 horas. En Ferrol o concerto comeza o mércores ás 20.30 horas. O prezo da entrada é de 12€.

Theo Bleckmann, reconocido principalmente como intérprete e compositor, os seus  intereses chegan ate o teatro, o cabaret, a performance ou a instalación.. A sua  voz etérea e emocional é unha das suas características máis recoñecidas, paseouna poos escenarios máis importantes, dende a Ópera de Sidney ao Carnegie Hall.

O encontro entre Ernesto Tomasini e Othon Mataragas no 2004 marca o comenzo dunha das aventuras musicais máis singulares da última década. Xuntos forman un dúo no que Othon compón e Tomasini interpreta, unindo a lírica coa clásica contemporánea e o cabaret, composicions ao piano e letras que van do esotérico á melancolía. Ernesto Tomasini, natural de Palermo e formado en Londres,  é unha voz imposible, de recursos incomparables.  Othon Mataragas, nacido en Atenas, estudia piano no Royal College of London, colabora con poetas, performers e cantantes. Radicalmente románticos, nas atmósferas que son capaces de crear laten varios mundos. Os seus talentos beben tanto do academicismo e do laboratorio como do popular.

Sociedade