O terceiro programa de “Efecto Dinamo” propón consellos para conseguir fogares máis eficientes

O terceiro programa de “Efecto Dinamo” propón consellos para conseguir fogares máis eficientes

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Dende a década dos noventa, o consumo enerxético dos fogares españois foi medrando a unha taxa media de máis do 40 por cento. Un aumento que se debe, sobre todo, ao incremento do equipamento doméstico. Por esta razón cómpre apostar por novas fórmulas que aforren nas vivendas. Pero, é posible esta redución do consumo sen perder calidade de vida e confort? Responden que si as voces dos expertos que se inclúen na terceira entrega do p

Efecto Dinamo é unha iniciativa europea á que se sumaron 300 emisoras de sete países. Trátase dun espazo radiofónico pensado para abordar os asuntos relacionados coa sostibilidade: fogares eficientes, enerxías limpas ou a reciclaxe, entre outros. Todos os programa comparten unha mesma idea: cada unha das nosas accións diarias ten efectos e consecuencias sobre o medio ambiente.

Aqueles que queiran saber máis sobre a arquitectura bioclimática poden descargar desta páxina web a terceira entrega de Efecto Dinamo ou escoitala mañá venres no marco do magazine Arredor de nós.

Sociedade