O teu tempo de ocio ten un nome: Ardora

O teu tempo de ocio ten un nome: Ardora

12 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Ardora, a programación de ocio alternativo do Concello de Ferrol para as noites dos venres, regresa esta semana á cidade con sesións de elaboración de imáns de neveira, fotografía, elaboración de vidrieiras, sevillanas, risoterapia, papiroflexia e repostería. Todas estas actividades, gratuítas, desenvolveranse na Casa da Xuventude entre as 22.00 e as 01.30 horas. Nesta ocasión, tamén haberá sesións de

Estas propostas, ás que se irán sumando ata o vindeiro mes de xuño outras ata completar un total de 16 obradoiros, están pensadas para mozos e mozas de entre 13 e 35 anos. Estes foron seleccionando atendendo ás demandas realizadas pola mocidade de Ferrol e os usuarios da Casa da Xuventude, que fixeron chegar ao departamento municipal as súas suxerencias para a nova programación.

Segundo a concelleira de Xuventude, María López, o obxectivo é ofrecerlles aos ferroláns e ferrolás un completo abano de actividades de ocio alternativo para encher o seu tempo nas noites dos venres, con custe cero co fin de facilitar a súa participación nas mesmas.

Sociedade