O Trump contaxiado

Actuación dun Trump contaxiado
07 de Outubro, 2020 - 11:18 h. | Publicada por Radio Fene

Trump xera malestar e desasosego coa súa conducta.

ESCOITA O PODCAST:

Trump sae do hospital e quítase a máscara. “Non teñades medo ao virus” berra á xente diante dun montón de bandeiras dos EEUU. “Este comportamento dunha persoa que non deixa de ser o presidente dunha das potencias mundiais e polo tanto un referente, xera na xente un certo malestar e desasosego” afirma o psicólogo José Barcia. Estas condutas acaban xerando máis dúbidas das que xa temos. A xente pregúntase, sabemos algo do virus e de como tratalo? O que facemos, non sirve para nada?

Hai que reparar en que as eleccións norteamericanas celébranse dentro duns dias e a figura de Trump non está precisamente en alza. “Quitarse a máscara bruscamente, como fixo, diante dun montón de bandeiras é unha escenografía buscada e teatral”. Que obedeza a motivos electorais podería servirnos de consolo?.

Sociedade

Publica o teu comentario agora