O TSXG ditará sentenza sobre a eliminación do seguro colectivo do mar

O TSXG ditará sentenza sobre a eliminación do seguro colectivo do mar

02 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite a denuncia da Asociación Galega de Mariscadoras contra a decisión da Consellaría do Mar de eliminar o seguro colectivo para os traballadores do sector. Aténdese así en primeira instancia a reclamación formulada por esta asociación contra unha modificación que, aseguran, deixa sen cobertura a máis de 30.000 profesionais. A decisión do Alto T

A Consellaría do Mar decidiu substituílo por unha nova póliza acordada coa compañía aseguradora Mapfre e que consideraba acaida para os novos requisitos da Lei de Pesca, como o de dar cobertura a cuestións de responsabilidade civil. A Federación de Confrarías de Pescadores apoiou á Xunta defendendo que a Sociedade Polar Seguros Marítimos nacera “por iniciativa do sector” e non “por imposición” do Goberno. 
Na opinión da Federación e da Consellaría, o vello seguro colectivo ofrecía unha cobertura mínima que non chegaba aos armadores. A Administración apoiou a nova póliza subvencionando ata 25 euros por tripulante, e defendeu que melloraba o prezo doutros seguros para a frota de altura e cubría tamén legalmente á de baixura. Pola contra, os críticos denunciaron que o novo produto deixaba sen abeiro aos traballadores do marisqueo a pé. Tamén lembraron que a póliza anterior era gratuíta, ofrecía garantías en caso de accidentes mortais ou graves e incluía medidas sociais como bolsas de estudos para os fillos dos mariñeiros falecidos. 
Segundo a Asociación de Mariscadoras AGAMAR, coa admisión a trámite da súa denuncia, o Tribunal Superior apoia as súas teses. Sosteñen que o concerto con Mapfre non obedece a ningún criterio técnico “serio e rigoroso de aforro”, senón a unha “opción de pura oportunidade e cálculos políticos”. Aseguran que cando a licitación da nova póliza, presentárase unha oferta da entidade Vidacaixa pola metade do prezo orzamentado pola Xunta, 1.150.000 euros, e “moi por debaixo” da ofrecida por Mapfre. AGAMAR asegura que a Consellaría do Mar renunciou ao seguro colectivo gratuíto “cinco días despois de que Vidacaixa razoara e xustificara”, a requirimento seu, a súa oferta económica, o que deixaría a a Mapfre e outras entidades “fóra da contratación”. 
A asociación, dependente do sindicato UGT, sostén que a aseguradora beneficiada pola Administración “vén monopolizando a contratación individual de seguros de responsabilidade civil a conta dos profesionais e demostrando unha posición de absoluto dominio no sector” grazas a remudas normativas feitas pola Xunta para favorecela. 
Institucional