O vieiro da Franqueira desde A Cañiza a Redondela

O vieiro da Franqueira desde A Cañiza a Redondela

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Deputación de Pontevedra inicia hoxe as tarefas de acondicionamento do Vieiro da Franqueira para que, de cara á tempada estival e á data de celebración da tradicional romaría, o vindeiro 1 de xuño, se atope en perfectas condicións. O devandito Vieiro da Franqueira é unha ruta, de orixe medieval, que discorre entre a capela da Virxe da Franqueira, en A Cañiza, ata o Castelo de Soutomaior, pasando por Mondariz, Ponteareas, Pazos de Borb&eacut

O acondicionamento e posta en valor da ruta persegue potenciar non só as peregrinacións ou o turismo relixioso con motivo da romaría da Franqueira, senón tamén o turismo interior do sur provincial e, en concreto, das cidades de Vigo e Pontevedra. Con ese obxectivo máquinas e tractores desbrozadores acondicionarán, dende hoxe e ata o vindeiro día 1 o devandito camiño.O trazado do Vieiro discorre por lugares e espazos tan emblemáticos como a capela da Franqueira, o Castelo de Sobroso, Mondariz ou o propio Soutomaior. No camiño existen numerosas casas adicadas ó turismo rural que facilitan o chamado turismo verde dun día ou dun fin de semana.

Sociedade