O vindeiro venres remata o prazo para as escolas deportivas e educativas de Begonte

O vindeiro venres remata o prazo para as escolas deportivas e educativas de Begonte

05 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Concello de Begonte puxo en marcha unha nova edición das Escolas Deportivas e as Actividades de Educación. Entre as diversas opcións que hai para este curso 2009-2010 caben destacar a patinaxe, o fútbol sala, o Tae Kwon Do, o aeróbic ou o pilates, ademais da danza. Entre as actividades educativas destacan as Técnicas de Estudo, o Reforzo Educativo, o Teatro, a Comprensión Lectora, Navegar por Internet e Educa, que comprende xogoloxía, protoco

Todos aqueles que se queiran apuntar, pequenos e maiores, pódeno facer no Concello de Begonte ou chamando aos teléfonos 982 39 61 43 e 608 018 354. A data límite é o vindeiro venres, 9 de outubro.

Sociedade