O xurado popular declara culpables aos acusados no caso por subornos en Gondomar

O xurado popular declara culpables aos acusados no caso por subornos en Gondomar

04 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Prevariación continuada primeiro, e agora subornos. O urbanismo do concello pontevedrés de Gondomar organizouse de maneira delictiva baixo o goberno do Partido Popular na vila pontevedresa durante a lexislatura anterior. Á condena contra o antigo rexedor Carlos Silva e os seus edís por prevaricación urbanística sucédelle agora a decisión do xurado popular que declarou, por unanimidade, culpables de tres delitos de suborno aos ex concelleiros de Urbanis

O xurado popular certificou que o ex concelleiro do Partido Popular, Alejandro Gómez, era o cerebro da trama corrupta descuberta en febreiro de 2007 pola Garda Civil trala denuncia dun dos promotores afectados polas prácticas ilegais. Malia que Gómez foi o único dos tres sospeitosos que sostivo en todo momento a súa inocencia, a confesión do ex concelleiro de Cultura, José Luís Mosquera, e do arquitecto vigués que exercía de intermediario, Borja Ramilo, recoñecendo os feitos e sinalándoo como responsable pesaron mais. Os membros do xurado estimaron tamén as gravacións telefónicas que a defensa de Gómez tentou rexeitar, e nas que o implicado declarou non recoñecerse, así como outros testemuños achegados por varios promotores afectados polos subornos. Decidida a culpabilidade dos sospeitosos, entre os que, a petición da Fiscalía xa non figuraba a ex parella sentimental de Mosquera, canda a que foi detida no momento de cobrar un dos pagamentos a cambio de beneficios urbanísticos, quedan outras cuestións por resolver. Para a consideración posterior está o posible financiamento ilícito do Partido Popular en Gondomar. O antigo concelleiro de Cultura confesou, aínda que negando a participación da cúpula da forza política, que o diñeiro recadado ilegalmente tiña por obxecto pagar a campaña do PP en Montevideo, onde reside parte do censo da vila, e apoiar aos independentes de Move Gondomar, cos que procuraban un pacto de goberno. O voceiro do BNG na vila, Antón Araúxo, que foi Alcalde ata hai un ano, cando  unha moción de censura animada polo PP o tirou do posto, explicaba esta semana en Radiofusiòn esas dúas circunstancias.

A letura do veredito tivo lugar esta tarde na Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, en Vigo, onde durante toda a semana se veu desenvolvendo a vista do xuízo. Agora, ao ex edil de Urbanismo, dado de baixa do PP, Alejandro Gómez, impónselle unha multa de 1.080.000 euros e a inhabilitación para exercer cargo público durante seis anos. Xa anunciou que recorrerá a sentenza porque teima en que é inocente. Trala rebaixa na petición de pena solicitada polo fiscal en contraprestación á súa colaboración durante o xuízo, José Luís Mosquera, terá que pagar 135.000 euros e enfróntase a unha suspensión como a de Gómez. O arquitecto Borja Ramilo pagará 70.500 euros e impediráselle exercer para a Administración Pública durante tres anos.

Institucional