ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene quere aproveitar o bo tempo para darlle un empurrón ao Plan de Acondicionamento de Beirarrúas. O programa, que executa persoas municipal do equipo de obras, comezou na avenida do Tarrío para seguir noutros puntos do municipio aproveitando o bo tempo, avanzou esta mañá en Radio Fene o concelleiro de Obras, Manuel Polo, co que analizamos temas da actualidade municipal no espazo As Foxas
“A miopía da Xunta é brutal, está en liña coa súa ideoloxía de recortar servizos públicos”. Así se pronunciou o concelleiro Manuel Polo ao dar conta do apoio do Concello de Fene á comunidade escolar do colexio dos Casais. O Pleno municipal apoia as reivindicacións de nais e pais do centro escolar de Maniños. Un colexio público que, pola súa situación estratéxica e os servizos que ofrece resulta atractivo para as familias, de Maniños e doutros lugares, destacou Manuel Polo. Os Casais ten servizos de madrugadores e comedor escolar e resulta moi cómodo para familias que traballan no polígono de Vilar do Colo ou se desprazan pola Via de Alta Capacidade de Mugardos, lembrou.
Anunciou, tamén, Manuel Polo que o día 13 o Concello de Fene vai celebrar un pleno extraordinario para sortear as mesas electorais para as Eleccións ao Parlamento Europeo. Tamén se debaterán as subvencións nominativas, axudas para actividades puntuais nas que colabora o Concello. “Non podemos subvencionar por encima das posibilidades do subvencionado”, remarca o concelleiro ante a petición doutros grupos políticos de que se aumenten algunhas das subvencións.
Publica o teu comentario agora