Ofertas para mulleres

Ofertas para mulleres
10 de Setembro, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O espazo Indira volve a Fene. Unha iniciativa na que as mulleres poden experimentar, coñecerse, crecer xuntas, relaxarse e gozar. Unha proposta activa e mobilizadora da condición feminina. Comezará o 27 de setembro con sesións semanais os mércores de dez a doce da mañá no Centro de Servizos Sociais en San Valentín. As mulleres interesadas poden apuntarse no telefono 981 342607 ou no correo electrónico smam@fene.gal.

Espazo Indira. 2022

O Concello de Fene tamén organiza dous cursos de autodefensa persoal un para mulleres maiores de idade e outro para adolescentes de mais de doce anos. Traballarase practicas e adestramento en autodefensa a través do Kickboxing e taekwondo. Clases pola mañá e polas tardes. Apuntarse antes do 24 de setembro no Centro de Servizos Sociais de San Valentín.

Na imaxe, Luz Martínez Vera, Pilar Couce, Clara Ureña e Naiara González. Indira 2022.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora