As olimpiadas da ilusión

As olimpiadas da ilusión

26 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Primeira Olimpiada da Mocedade do Concello de Fene celebrouse en 1977. Logo transformou o seu nome en Xogos Deportivos da Mocidade. O movemento asociativo impulsou esta iniciativa que pretendía reivindicar instalacións deportivas en todas as parroquias.

Naquel momento Fene carecía de todo tipo de instalacións deportivas. Non había pistas de tenis, pavillón, piscina ou pistas polideportivas.

Tratábase dun evento sen precedentes en Galicia e que co paso do tempo, chegou a ser unha das manifestacións deportivas máis importantes do país, tanto polo número de participantes como pola súa organización e filosofía de fondo. Na primeira edición arredor de 700 nenos e nenas xogaron naquelas Olimpiadas, nas que se practicaba atletismo, natación, tenis, tenis de mesa, xadrez, piragüismo, iudo, tiro, baloncesto, fútbol sala, voleibol, balonmán, ciclismo e deportes autóctonos.

Sociedade