Olimpo da caricatura

Olimpo da caricatura
18 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Deuses da banda deseñada para soprar as velas do 40 aniversario do Museo do Humor Xaquín Marín de Fene. Certames de banda deseñada Demo Pequeno e Curuxa do Humor. Son moitas as iniciativas que ten marcha o centro cultural. A súa responsable, Almudena Marcos, deu detalles en Radio Fene 

ESCOITA O PODCAST:

“Olimpo da caricatura”. Así bautizaron a exposición conmemorativa deste ano especial. “Estamos preparando unha exposición froito da colaboración con Xaquín que recollerá obra de 15 autores de distintos países que nos propuxo Xaquín”, anunciou o Almudena Marcos.  Ademais, o Museo do Humor Xaquín Marín ten convocados dous certames. Un máis novo e outro con solera. 

Promover a creatividade a través do humor nas idades máis novas. Obxectivo do Certame Demo Pequeno que ten en marcha en colaboración con Demo Editorial. Ata o 30 de abril poden presentarse obras. Dous autores especializados en banda deseñada infantil e xuvenil, Inés Vázquez e Víctor Boullón, o editor Manel Cráneo, e a responsable do Museo do Humor, Almudena Marcos, forman o xurado que dará a coñecer o seu fallo o luns 20 de maio. Nesta segunda edición hai novidades. Establecéronse dúas categorías. Infantil, para nenos e nenas de 8 a 11 anos e Xuvenil para quen teña de 12 a 16. 

O Concurso de Humor Gráfico Curuxa de Humor conta cunha traxectoria consolidada. Chega á súa vixésimo oitava edición un certame que naceu en 1985, coa vocación de darlle futuro ao Museo. “A maneira de dotarnos de obra de calidade”, destaca Almudena. A contía dos premios ascende a un total de 5.000 euros, contando as tres categorías, Curuxa, Curuxa Nova e Caricatura. Os orixinais poderán presentarse até o vindeiro 31 de maio.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora