ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Despois de crear o mundo, Deus descansou e apoiou as súas mans na terra. A pegada dos seus dedos formou as rías galegas. Co polgar ou matapiollos, debeu de crearse a ría de Ferrol, lugar que desde sempre foi terra de construtores de barcos. Hoxe, desde Fene, ademais de verse os guindastres dos estaleiros, tamén resalta o xigantesco mural urbano de Hugo Lomas “Sfhir”, unha homenaxe á música, á muller e aos inicios do graffiti.
“O gran acerto do deseño é ocupar un gran espazo branco correspondente ao patio de luces do edificio” indica Sfhir, esperanzado co resultado da votación para elixir ao mellor mural urbano do mundo na plataforma streetartcities.com .Gañar significa poñer a Fene no podium do muralismo de todo o mundo. Vaise falar deste mural e de Fene. A organización anuncia que o mércores ás catro da tarde dará a coñecer a creación elixida.
Chegar a este punto a este nivel, é incríbel. Neste certame Fene compite con cidades como Londres, Roma, París ou Nova Iork. Despois de coñecer Fene, Hugo quedou cautivado pola hospitalidade da xente e as boas vibracións que recibiu. Debuxou un luar enriba dos beizos, igual que unha rapaza da zona. Fixo moitas amizades e anuncia que volverá para o Perla mural fest deste ano. “O mural mistura o realismo das caras e da man, aproveitando o patio de luces como se fose o mastro do instrumento” explica o artista.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora