Onde a Xunta ve austeridade, a oposición percibe parálise

Onde a Xunta ve austeridade, a oposición percibe parálise

30 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Estamos a finais de ano e os políticos galegos fan balance. A oposición parlamentaria botou contas do medio ano de xestión do líder do PPdeG á fronte da Xunta e resolveu que merece carbón. As mesmas acusacións que o titular de San Caetano lle fai ao Goberno central pola crise do emprego, fóronlle devoltas polos seus rivais políticos no Parlamento de Galic

Así, o secretario xeral dos socialistas galegos, Manuel Vázquez, acusou ao presidente autonómico de provocar a división no seo da sociedade galega, favorecendo recortes sociais e adiando a toma de decisións para deter o crecemento do paro rexistrado nos últimos meses en Galicia.

As perspectivas para 2010 non son prometedoras, segundo o BNG. Todo apunta a un incremento do número de desempregados se Feijóo persevera nalgunhas das súas políticas. Como exemplo, o voceiro nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, sinalou a paralización do decreto eólico do bipartito. “Esa decisión destruíu empregos”, asegurou.

O partido no Goberno da Xunta volveu a oración por pasiva e afirmou que a xestión de Alberto Núñez Feijóo mellorou “con austeridade” os servizos sociais para os galegos en tan só seis meses. O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, coida que o novo Executivo conseguiu tamén recuperar “espazos de liberdade” para a cidadanía, referíndose as novas normas sobre o uso dos idiomas.

Institucional