Organízase a resistencia armada

Organízase a resistencia armada en Casaio
24 de Decembro, 2022 - 08:23 h. | Publicada por Radiofusión

Un grupo de persoas refúxianse nas montañas entre Valdeorras e O Bierzo a partir de xullo de 1936. Acabarían por converterse en protagonistas da posterior organización da resistencia armada. Son fuxidos con carga ideolóxica. Militantes de organizacións obreiras, membros de corporacións municipais, cargos orgánicos de partidos e sindicatos. Foxen por un máis que evidente medo á represión, segundo o investigador Alejandro Rodríguez Gutiérrez.

ESCOITA O PODCAST:

Ata nove grupos ben organizados existen a comezos de 1939, os que coñecemos grazas ao testemuño de Ramiro Losada Rodríguez. O grupo de Casaio, o do Páramo (Lago de Carucedo), o de Vilar de Silva, o de Xares, o de Arnado, o de Arnadelo, o de Toral de los Vados, o de Córgomo e o de San Clodio. En abril de 1941 constitúese nos montes de Casaio a Federación de Guerrillas de León- Galicia. Alejandro Rodríguez participou nas Xornadas sobre a Federación celebradas en Carucedo o 10 e 11 de decembro de 2022, organizadas por Edicións Positivas e por Sputnik Labrego. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora