A orquestra Acordes nas festas de Centroña

A orquestra Acordes nas festas de Centroña
08 de Maio, 2024 - 08:18 h. | Publicada por Radio Fene

A orquestra Acordes e a macrodisco de Sebas 21 actuarán este sábado nas festas da Ascensión en Centroña Pontedeume. A partir das nove da noite servirase unha gran churrascada.  Durante a noite sortearase un bono para un fin de semana de hotel máis Spa en Sanxenxo. Festas este sábado en Centroña, Pontedeume. Recibiron moita colaboración cidadá tanto en Centroña como en Boebre, segundo Samuel Charro da comisión de festas.

ESCOITA O PODCAST:

Conversa con Samuel Charro, da comisión de festas de Centroña:

http://173.255.131.18/audio/070524CHARRO.mp3

Samuel Charro da comisión de festas de Centroña

Pontedeume vive nesta xornada a romaría de San Miguel de Breamo. O dúo Estrelas animará a verbena a partir das seis e media da tarde. Pero Centroña tamén pensa xa nas festas na honra de Santa María e San Roque entre o catorce e o dezasete de agosto.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora