Ortigueira respira folk polos catro costados

Ortigueira respira folk polos catro costados

05 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Co proxecto Runas e coa actuación de Riveira, Stolen Notes e Ulträgäns arrinca, este xoves 7 de xullo, unha nova edición do Festival de Ortigueira. Os concertos comezan ás 21:30 da noite.

Dende Inglaterra chegan The Urban Folk Quarter, grupo formado por algúns dos músicos máis experimentados no panorama folk internacional. De Kansas aterra no festival The Elders, encabezado polo carismático cantante e percusionista Ian Byrne. O sexteto escocés Sherryvore, premiado como mellor artista novo de música tradicional escocesa, Rua Macmillan e as irmáns canadenses Searson, subirán ao escenario de Ortigueira xunto a grupos galegos da talla de Luar na Lubre. Os galegos presentarán o seu último disco “Solsticio”. A mestura de folk, música tradicional galega e irlandesa con ritmos africanos e sudamericanos de The Crass tamén soarán no festival, un dos máis importantes de música folk de Europa. A representación galega complétase coa participación do gaiteiro pontevedrés Óscar Ibáñez e Berrogüetto, o grupo de referenza do world music feito en Galicia. A cita en Ortigueira entre este xoves 7 de xullo e o domingo 10 de xullo, ás nove da noite.

Sociedade