ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O técnico do Maniños felicita especialmente á afección que os anima e os axuda tanto. "Dannos ánimos para continuar" declarou Pablo Mesa.
“Foi un partido trascendental para a permanencia” afirma o técnico do Maniños, Pablo Mesa. Un partido a vida ou morte que afrontaron ben cun dominio claro na primeira parte, ainda que baixaron o ritmo antes do descanso.
Na segunda metade o Maniños chegou a ter polo menos sete ocasións claras de gol e os cambios favoreceron o xogo. Pero sofriron ata o final. Chama a atención que os tres goles se fixeran en seis minutos. Tamén axudou a derrota do Sporting Ciudad.
O Pote estivo a reventar e iso axudou moito, en palabras de Pablo Mesa, quen agradece á afección os ánimos que lles dan para continuar e seguir na pelexa. “É un factor ao noso favor que pode afectar á consecución da permanencia” declarou o técnico do Maniños ao referirse aos afeccionados. Con optimismo encara o Maniños a recta final.
Publica o teu comentario agora