Os áridos de Vilar do Colo

Os áridos de Vilar do Colo

30 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A asociación ecoloxista Aetna denunciou en setembro de 2009 o depósito de material presuntamente contaminante nunha parcela do polígono de Vilar do Colo en Fene. A raíz daquela protesta, o xulgado número 3 de Ferrol iniciou a denominada Operación Arena que culminou o pasado xoves coa detención do empresario de Pontedeume Fermín D. e coa demisión do deputado do PP Javier Escribano.

Segundo o informe policial inserto no sumario, o empresario tería regalado un Porsche ao parlamentario a cambio de su mediación diante da Consellería de Medio Ambiente, para que a empresa Manmer lograra vender sen problemas eses residuos non reciclados e potencialmente perigosos.O xulgado ferrolán trasladou parte do caso ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que abriu unha causa separada e viu probas suficientes para imputar a Escribano os delitos de cohecho e tráfico de influencias. O sábado a primeira hora da mañá o parlamentario presentou na Cámara o seu escrito de renuncia.

 

Sociedade