Os alumnos do curso de Asistente Persoal a Dependentes inician hoxe as prácticas en seis centros da cidade

Os alumnos do curso de Asistente Persoal a Dependentes inician hoxe as prácticas en seis centros da cidade

13 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un total de 15 desempregados seleccionados, entre 106 persoas, polo equipo técnico do proxecto “Ferrol, punto de emprego” inician na xornada de hoxe en Ferrol, as prácticas profesionais do itinerario de inserción sociolaboral “Asistente persoal de persoas dependentes”. Iniciativa que que porá o seu punto final o vindeiro 20 de setembro.

Os beneficiarios desta actividade terán a oportunidade de adquirir  a formación específica  e a práctica profesional necesaria para prestar os seus servizos a persoas con determinadas necesidades.
O proxecto conta coa colaboración de seis centros de traballo. Entidades e empresas entre as que se destaca: A  Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista da provincia da Coruña (ASPANAES), Atención a Persoas con Discapacidade Física de Ferrol (CAMF-IMSERSO), Residencia Nuestra Señora de las Virtudes, Residencia San José, Centro de día O Lar de Baucis , Aras Multiservicios SL e a empresa de servizos de axuda á domicilio Valoriza Servicios a la dependencia SL.
O proxecto “Ferrol punto de emprego”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE),  ten como obxectivo mellorar a empregabilidade dos colectivos beneficiarios. No que atinxe ao itinerario formativo “Asistente persoal a persoas dependentes” contempla unha duración de 440 horas, distribuidas nun módulo de formación específica cunha duración de 200h; un módulo de práctica profesional titorizada en empresas, tamén de 200h, que é o que dá comezo hoxe , e módulos de formación transversal de 40h. 

Sociedade