Os autónomos reclaman un acougo fiscal contra a crise

Os autónomos reclaman un acougo fiscal contra a crise

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Adiamento no pago do IVE, na contribución da Seguridade Social e unha reforma da Lei da Morosidade son algunhas das solucións que poden axudar a aliviar aos autónomos, segundo o presidente deste colectivo galego. Os traballadores saudan a creación da Mesa do Autónomo que o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, convocou para esta xornada.

 

A reunión de representantes do sector prevista no centro de Madrid para mañá non quere ser unha manifestación, segundo os convocantes, senón unha chamada de atención. Rafael Granados láiase de que “os autónomos sempre fomos invisibles e seguímolo sendo”.

Sociedade