Os avós len contos aos pequenos

Os avós len contos aos pequenos

23 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Centro de maiores de Novacaixagalicia en Pontedeume organizou este xoves, entre as 18 e as 19.30 horas, o contacontos “El rincón del abuelo”, unha actividade interxeracional vinculada á lectura, na que maiores voluntarios do centro narrarán un conto de Nadal, ofrecéndolles a oportunidade de evocar lembranzas e vivencias á vez que os nenos aprenderán das experiencias dos maiores.

O conto infantil non só é importante porque serve de estímulo para o futuro lector, senón tamén, porque contribúe ao desenvolvemento da linguaxe, da imaxinación, da curiosidade, xera comunicación e seguridade nun. 

Algúns dos obxectivos da actividade son xustificar e reforzar a necesidade e importancia de fomentar as relacións interxeracionais dende a lectura, sensibilizar aos maiores no uso dos contos como medio de transmisión de valores culturais, e servir de nexo entre os nenos e os libros. 

Para finalizar a actividade, fará unha visita Papa Noël que virá a recoller as cartas dos nen@s e/as entregándolles despois un obsequio para recompensalos polas súas boas accións.

Sociedade