Os biberóns tamén soñan con Cristiano Ronaldo

Os biberóns tamén soñan con Cristiano Ronaldo

18 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Galicia de Caranza e o Padroado de Deportes do Concello de Ferrol organizan a terceira edición da liga de biberóns coa idea de iniciar aos nenos no balompé. Falamos de nenas e nenos de 3, 4 e 5 anos. Os partidos son de fútbol-7 divididos en catro partidos de 8 ou 10 minutos. Presentan equipos os clubs do Galicia de Caranza, S.D.Barallobre, Numancia de Ares, Racing de Ferrol, Portuarios, Animas e Narón.

A III edición da Liga de Biberóns comezará a primeira fin de semana de decembro, aínda que a organización todavía non pechou a data de comezo e o evento durará 16 fins de semana. O torneo ten como característica que non hai trofeos para os gañadores. A organización entregará medallas para todas as nenas e nenos participantes, infómanos o coordenador deportivo do Galicia de Caranza Enrique Soto.

Deportes