Os callos teñen un oco no calendario das festas gastronómicas estiváis

Os callos teñen un oco no calendario das festas gastronómicas estiváis

21 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As festas gastronómicas do verán non teñen fin. Agora tócalle aos callos. A Asociación de Veciños de San Xoán de Piñeiros en colaboración do Concello de mugardos organizan a II festa dos Callos. Celebraráse o sábado 29 de agosto a partir das oito e media do serán.

A II festa dos Callos terá lugar no campo da festa da Asociación de Veciños de San Xoán de Piñeiros. Os asistentes poderán degustar os callos acompañados de pan e viño a prezos populares. Como postre, unha queimada con bola doce para os máis larpeiros. A música non pode faltar en toda festa que se preze. O grupo”Estimaba que viñeras” arrufará esta velada festiva e gastronómica.

Sociedade