ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Xunta de Galicia estuda optimizar recursos educativos e para iso baralla a posibilidade de redistribuir profesorado e alumnado dos colexios Os Casais de Maniños, e as escolas unitarias de Limodre e Sillobre. Iso levaría consigo o peche dos tres centros. A noticia rodou polos círculos escolares e municipal nos ultimos dias. Esta mañán o Inspector de zona asegurou aos directores de todolos colexios de Fene, cos que se reuníu en Ferrol, que a o Informe Pr
O concello de Fene reunirá o Consello Escolar Municipal o proximo luns dia 20 na Casa da Cultura de Fene, para tratar este asunto. Segundo puido saber Radio Fene, a medida implicaría o traslado dos 34 mestres que dan clase nos casais, en Limodre e Sillobre, a outro centro escolar do municipio, que podería ser Centieiras ou o Ramo, de igual maneira que se trasladaría ao alumnado. O numero de alumnos aproximado sería duns 90 (con datos de hoxe). De entrada o concello rexeitaría calquera medida que teña que ver co peche dos centros. O luns dia 20 reunese o Consello Escolar Municipal ás 5 da tarde na casa da Cultura de Fene. Forman parte do Consello escolar os de todolos centros, as ANPAS, o movemento asociativo e os representantes de todolos grupos políticos.