Os equipos da zona baixa levan perigo, segundo Juanito

Os equipos da zona baixa levan perigo, segundo Juanito

20 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Os equipos da zona baixa da clasificación traen moito perigo, segundo o xogador do Narón Juanito. O conxunto de Luis Miguel Garcia visita o domingo ao Portonovo, o colista da Terceira División de fútbol.

O Narón ocupa na actualidade o noveno posto da clasificación, e o Portonovo pecha a táboa. Trece puntos separan a un e a outro equipo pero iso non pode mover á confianza do equipo de Luis Miguel García. Juanito é consciente de que eses conxuntos poden quitar puntos e decidir ao remate cal é o club que accede á cuarta praza, a que da dereito a participar na promoción.

Juanito, Juan Luis Amigo Ferreiro, naceu en Sigüeiro (Oroso) en 1963. Leva 3 tempadas no Narón e procede do Racing de Ferrol. A súa experiencia é fundamental para intentar sumar puntos e recortar a distancia que separa na actualidade ao Narón (39 puntos) do Cerceda (42).

Deportes