ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Mellorar o sistema de cobertura dos adultos con autismo é unha das principais reivindicacións do Día Mundial para a concienciación deste trastorno, que se conmemora este venres día 2. O vicepresidente da Federación Autismo Galicia, Cripiano Jiménez, denunciou en Radiofusiòn que os centros especializados precisan máis profesionais. Asegura que cómpre reducir o número de pacientes asignados a cada educador, imitando o modelo doutras
Ademais da aposta pola formación laboral, Galicia pode presumir tamén da creación dun protocolo sanitario para persoas do espectro autista, que ten por obxectivo facilitar a atención nos centros de saúde e que xa está a ser xa copiado noutros puntos do Estado. Desde Autismo Galicia traballan agora na posta en marcha dun carné, unificado e recoñecido oficialmente, que identifique a aqueles que padecen esta síndrome para que poidan recibir a axuda axeitada se, por exemplo, se escapan ou perden.
Malia que o Día Mundial para a Concienciación do Autismo se celebra oficialmente este venres día 2, por mor da coincidencia coa Semana Santa en Galicia os actos adíanse ata o mércores 7. Nesa xornada realizarase un percorrido simbólico do Camiño de Santiago que concluirá no Obradoiro coa lectura dun manifesto.