Os idealistas pensan que o mundo pode seguir así, segundo Montse Peirón

Os idealistas pensan que o mundo pode seguir así, segundo Montse Peirón

27 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Producir e consumir cada vez máis. Esa é a máxima do modelo económico actual e pensar que se pode continuar así, é absolutamente idealista, segundo Montse Peirón. Ela defende un consumo consciente e transformador, que respete a soberanía alimentar, as prácticas ecolóxicas e intente gastar menos recursos  novos.

Montse Peirón dará esta semana charlas en Vigo, Ourense, Lugo e A Coruña. A pasada fin de semana xa falou en Ferrol e Santiago. Montse Peirón é membro do “Centre de Recerca i Informació en Consum (CRIC)” e directora da revista de Información para un consumo consciente e transformador “Opcions”.

Sociedade