Os irmáns Vallejo pregoarán a XXVI edición da Moexmu

Os irmáns Vallejo pregoarán a XXVI edición da Moexmu

16 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Os irmáns Vallejo son dous dos principais representantes do motor en Galicia e en España, xa que Sergio é o vixente campión de España de Rallies sobre asfalto, correndo para o equipo lucense do Nupel Team aos mandos dun Porsche 997 GT.

 

Vallejo comezou no mundo dos rallies aló polo 1.985, aínda que o seu debut no Campionato de España hai que situalo no ano 1.983, onde rematou en sétimo lugar. Entre o seu extenso palmarés conta con varios subcampionatos do Trofeo Galicia Calidade, ademais de quedar entre os 10 primeiros ininterrompidamente desde 1995, acadando tres terceiros postos en 2002, 2006 e 2007 e dous subcampionatos en 2003 e 2008.

 

Concurso de gando

Pero o punto forte da MOEXMU serán a XXIV edición do Concurso de Gando Frisón de Muimenta, o XXIV da Exposición de Rubio Galego e a XII edición da Subasta de Gando Selecto. Para estes tres eventos xa está pechado o período de inscrición.

 

No tocante aos premios, nesta edición manteranse tanto o premio en metálico á vaca gran campioa (mil cincocentos euros) e os primeiros, segundos e terceiros clasificados por sección. Tamén haberá un premio de 2 doses de Shottle de Africor Lugo as Campioas e Mellor Criador, mentres que a empresa Xenética Fontao concederá dúas doses do touro Xacobeo a cada gandería participante, e a maiores un lote de seis doses (dos touros Dancer, Magrebí e Cid) ás ganderías que participen con máis de dous animais. Igualmente, haberá premios en metálico á primeira de cada sección, filla dun touro do Programa de Mellora Gandeiras de Galicia. O transporte, seguro e manutención dos animais corren a cargo da organización, ao igual que o xantar e cea para os gandeiros participantes.

 

En canto ao ritmo de reservas para as parcelas e os stands, desde a organización afírmase que “van a bo ritmo”, pero aínda non están pechadas, posto que  o prazo de inscrición remata o vindeiro 31de marzo, aínda que se  espera volver a ter que ocupar as rúas anexas ao Recinto Feiral.

 

Programa da Feira

A edición do 2010 deste evento agrícola dará comezo na tarde do venres 9 de abril coa entrada do gando no recinto feiral. Na xornada do Sábado, cotra as 10.00 horas iniciarase o Concurso, nas seccións de Xatas e Xovencas. Ás 13.00 horas haberá a entrega das Mencións Honoríficas. Pola tarde continuarase co certame de gando, nas seccións de Vacas de Leite e Campionatos. Xa para o domingo haberá un concurso de Novos Manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gadeiros de Galicia, a Poxa de gando frisón, ás 12.30 h., mentres que a entrega de premios será ás 13:30. A Clausura desta edición farase contra as 14:15 horas.

 

 

Nova presidencia na Asociación de Empresarios de Muimenta

María José Neira foi a elixida para levar as rendas da Asociación de Empresarios de Muimenta durante os vindeiros dous anos, prazo no que esta organización renova parte dos seus membros. Neira, que ata o momento ocupaba o cargo de vocal na Xunta directiva, será a máxima responsable da institución cos obxectivos de mellorar a xestión dos seus antecesores.

Coa nova presidenta, formarán parte da nova directiva, Pilar Morán, que ostentará a vicepresidencia, Ana Iglesias, que será  anova secretaria, Antonio Cupeiro, que terá o cargo de tesoureiro e Orencio Fontela, Carmen Goás, Antonio Iglesias e Aníbal José Rodríguez que seráns o vocais.

Sociedade