Os libros máis vendidos

Os libros máis vendidos

22 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O salón de actos do Consello da Cultura Galega acolleu hoxe a II Xornada da Crítica Galega sobre a literatura infantil e xuvenil, unha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). O foro de debate desta nova Xornada, que contou con representantes da crítica galega, catalá, vasca, castelá e portuguesa, xirou en torno aos principais problemas da crítica literaria da Literatura Infantil e Xuvenil, e ao grao de recoñecemento e profesiona

Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, indicou no acto inaugural da Xornada que o sector da literatura infantil e xuvenil en Galicia é o que máis vendas alcanza e o que sostén a industria literaria galega.

Pola súa banda, outra das asistentes a este acto, a representante da Sección de Crítica da AELG, Blanca-Ana Roig, considera que o coñecemento da produción da literatura infantil e xuvenil galega  é imprescindible para que os novos filólogos e mestres se animen a facer crítica literaria. Por este motivo, mostrou a súa preocupación pola actuación das autoridades da Universidade, que segundo a súa opinión, están privando aos universitarios deste coñecemento.

A Xornada, cuxa programación consistiu en diversas conferencias  e unha mesa redonda, rematou cun debate final entre todos os asistentes, sobre a presenza e a ausencia da crítica literaria sobre a Literatura infantil e xuvenil.

Cultura