Os locais de hostalería poderán abrir sen supervisión previa da Xunta

Os locais de hostalería poderán abrir sen supervisión previa da Xunta

12 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

A actividade turística supón o 10 por cento do Produto Interior Bruto galego e o 10 por cento dos postos de traballo, segundo os cálculos da Xunta, que vén de aprobar no Consello de Goberno o anteproxecto da nova Lei de Turismo de Galicia. Trátase dunha proposta de reforma normativa dirixida a “desestacionalizar” as visitas e contribuír ao mesmo tempo á “reorganización do territorio”. Isto conseguirase en parte, anuncio

Modifícase a catalogación de establecementos, recuperando a figura da pensión, que substituirá á da residencia turística por non ter esta última, segundo o Goberno, “recoñecemento no mercado”. Volve tamén a categoría de hotel-apartamento e diferéncianse apartamentos e vivendas de vacacións. Ademais créase a aldea rural para o conxunto de máis de tres edificacións de turismo rural que formen parte dun establecemento único. De agora en diante, os establecementos de restauración serán restaurantes, cafetarías ou bares e se os furanchos que abundan no sur de Galicia para darlle saída ao viño excedente queren servir tamén comidas deberán acollerse a algunha desas figuras. 
Con todo, o máis destacado da lei é a liberalización dos trámites para por en marcha unha empresa turística. De agora en diante, o titular do negocio poderá saltar toda a burocracia previa e abrir o seu establecemento tan só con asinar unha “declaración de responsabilidade”. Bares e pensións poderán funcionar antes de que a Xunte acredite que cumpren coa lexislación vixente, algo que a Administración revisará nun prazo de tres meses dende a súa apertura.
Ademais, a Xunta aprobou nesta xornada o Proxecto Sectorial para o novo polígono industrial do Barbanza que abrangue unha superficie de 900.000 metros cadrados entre Ribeira e A Pobra do Carmiñal. O investimento previsto supera os 54 millóns de euros e as obras de construción poderían comezar en 2012.
Institucional