Os lumes en Ferrol reducíronse á metade

Os lumes en Ferrol reducíronse á metade

27 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os incendios forestais nos montes de Ferrol diminuíron a máis da metade nos últimos nove anos. Así o confirma o documento aprobado hoxe pola comisión de servizos e medio ambiente do concello que deu luz verde ó Plan Municipal para a Prevención de Incendios Forestais. A posta en funcionamento deste proyecto custarálle ás arcas municipais 300.000 euros anuais.

O Plan Municipal para a Prevención de Incendios Forestais responde, segundo manifestou a concelleira de Medio Ambiente, María López, a unha esixencia legal da Xunta de Galicia nesta materia que calificara á cidade de Ferrol como zona de alto risco de incendios. Neste senso, o consistorio redactou un informe previo de diagnóse e planificación de medidas tendentes a corrixir esta lacra. A análise revelou que no período 1999-2008 producíronse unha media de entre 40 e 70 incendios anuais que supuxeron a queima de 61,84 hectáreas de monte. Tendencia que nos anos 2007-2008 víuse reducida a máis da metade constatandose unha media de 22 a 15 lumes por ano.

No documento reflíctense tamén aquelas zonas de maior repetición de incendios que son as superficies forestais de Covas, Esmelle e Mandiá, e asimesmo as de menor riscos entre as que se atopan A Graña, Marmancón e San Xurxo.

A  redacción deste plan municipal supuxo unha inversión total de 12.000 euros dos que 5.000 foron subvencionados pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia. O contido do plan establece cáles son as zonas de actuación do concello para previr lumes,- agrupadas en tres redes referidas ás faixas de xestión de biomasa, redes eléctricas e estradas e creación de unidades de xestión forestal-, e a sinalización dos 17 puntos de auga para vehículos motobomba que existen no municipio. Engade tamén as solicitudes de autorización para todas aquelas actividades que comportan risco de lumes tales como o lanzamento de foguetes ou a queima de luminarias.

Sociedade