Os Lunnis protagonistas do Día do Nen@ en Ferrol

Os Lunnis protagonistas do Día do Nen@ en Ferrol

15 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Lunnis, embaixadores de UNICEF, serán os principais protagonistas do Día do Nen@ en Ferrol, o venres 19 de novembro.O alcalde inaugurará o calendario de actos en FIMO, que incluen obradoiros infantís, música e espectáculos de maxia. Alumnos e alumnas dos colexios da cidade serán os encargados de ler o día 19 a Declaración dos Dereitos.  O Concello quere celebrar coa cidadanía o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e

Espectáculos de maxia, obradoiros de globoflexia, chapas ou circo e música son algunhas das propostas coas que se quere reivindicar este ano a Declaración Universal dos Dereitos do Neno. O alcalde, Vicente Irisarri, será o encargado de inaugurar a xornada ás 5 da tarde e, a continuación, iniciaráse o calendario cun espectáculo de maxia a cargo do Mago Cali. Sen dúbida, os grandes protagonistas do día serán Los Lunnis, embaixadores de UNICEF, que ofrecerán unha actuación musical de primeiro nivel a partires das 7. Así mesmo, Concello e UNICEF-Ferrol acordaron que este ano sexan alumnos e alumnas menores de 12 anos, dos centros educativos da cidade, os encargados da lectura da Declaración Universal.

Sociedade