Os mariscadores da ría de Ferrol ameazan con irrumpir na campaña electoral do PP

Os mariscadores da ría de Ferrol ameazan con irrumpir na campaña electoral do PP

27 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Depuración da ría, Xa. Queremos traballar. Non aos verquidos na ría. Depuración, Xa. Ese era o texto de duas pancartas que esta mañá apareceron nas portas da Casa do Concello de Narón. Xunto cos lemas reivindicativos, lama da ría e cascas de mexillóns, nunha nova acción de protesta dos mariscadores. Diante do anuncio da Consellería de Pesca do remate dos labores de limpeza dos fondos da ría, a xente do mar anuncia nova

 A S.G.H.N. mostra o seu apoio á loita que están a levar a cabo os mariscadores das Confrarías de Barallobre e Ferrol. A ría de Ferrol debido á neglixencia das administracións autonómica e central e á pasividade das administracións locais, atópase en situación case terminal. Non é admisíbel que en 2011 aínda non exista ningunha EDAR en funcionamento, unha parte importante desta ría está morta e o resto vai polo mesmo camiño.

Seguen a decir que "A calidade das augas é pésima afectando á saúde humana; as especies mariñas e todo o ecosistema arredor da ría están seriamente ameazados e consecuentemente o está o marisqueo. Se aínda queda algo é grazas ao traballo de rexeneración levado a cabo polos mariscadores e mariscadoras. É por iso que teñen o seu apoio, porque queren unha ría limpa e rexenerada, viva e que permita vivir dos seus recursos".

Sociedade