Os mariscadores da ría de Ferrol retoman as movilizacións

Os mariscadores da ría de Ferrol retoman as movilizacións

26 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Non cobrarán probablemente ata novembro os salarios de setembro. O Plan de dinamización da ría probablemente non continúe o ano que ven, segundo lle comunicou a Conselleira do Mar . Por iso os mariscadores dos pósitos de Ferrol e Barallobre volveron sair á rua e seguirán facéndoo nos próximos dias. Esta mañán concentráronse na Praza de Armas onde depositaron o mexillón que limpan estes dias nos fondos da r&iacute

O anuncio de que o plan de dinamización da ría non terá continuidade como tal para o próximo exercicio causóu  un gran malestar entre os mariscadores das confrarías de Ferrol e Barallobre . Manuel Bañobre afirmaba que a Consellería quere acabar co Plan de traballo para as zonas C.

De momento, os mariscadores rematarán o calendario de traballo programado para o mes de outubro, limpando o mexillón e o dia 1de decembro iniciarán a campaña navideña. As confrarías pronostican que, se remata o modelo actual das zonas C  sen unha alternativa para o sector, volverá a aumentar o furtivismo.

Sociedade